6/9/15

CURSO 2015-2016 BENVID@S

Despois do periodo de vacacións e con ánimos renovados, comezamos coa novidade da posta en funcionamento do proxecto E-DIXGAL (Educación Dixital) ou libro dixital para o curso 5º de Primaria. Alumnos/as e mestras desenvolverán a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º de primaria.

Próximamente enviaremos ás familias a solicitude para levar as Mochilas Viaxeiras ás casas para compartir lecturas en familia e crearemos o Equipo de Colaboradores/as da Biblioteca entre o alumnado de 6º de Primaria.


Agora toca a empezar con ilusión o curso!