3/3/16

VISITA DO C.D. BURELA FÚTBOL SALA PESCADOS RUBÉN

Dentro da campaña de actividade lúdico deportiva XOGADE (Xogos galegos deportivos en idade escolar) e a través do seu programa "Coñece o meu club", un ano máis compartimos unhas sesións de Educación Física co club C.D. Burela fútbol sala Pescados Rubén. Visitaron o noso centro Michel Couceiro, preparador Físico Xuvenil e Cadete, Iago Míguez e Joziane de Oliveira, xogadores de 1ª División. A experiencia foi fantástica e quedamos con ganas de máis. Esperamos poder compartir con eles en outras ocasións.
                                         Moitas grazas