16/11/16

CELEBRAMOS O MAGOSTO E O DÍA DO PEÓN

O día 11 de novembro celebramos o Día do Peón e o Magosto. Os nenos e nenas do centro comimos as castañas asadas pola panadería da localidade (Panadería Covas) e tamén nun asador tradicional pola nosa conserxe Leticia.
Estaban boísimas!

A continuación viñeron os Xogos Populares por estacións (rá, zancos, peóns, corro da pataca, mariola, xogos de mans, corda, goma) nos que participamos todos os nenos e nenas do colexio. Os alumnos/as de 6º de primaria exerceron de monitores tanto nos xogos como axudando aos máis pequeniños a pelar as castañas.

Tivemos exhibición de auténticos profesionais bailando o peón e unha exposición de peóns decorados xunto co Manifesto do Peón escrito por Xabier P. Docampo.