COVID-19

15/12/17

OBRADOIRO DA BANDA DE GAITAS CACHARELA DE COVAS

Tivemos a visita de dous integrantes da Banda de Gaitas Cacharela de Covas. O director Rodrigo e Héctor, un antigo alumno do centro, explicaron aos nenos e  nenas os instrumentos de percusión que tocan na banda. Dende as cunchas ata o bombo, ensinaron as diferentes partes e tocaron algunhas pezas.  Tamén tocaron a gaita e invitaron á alumna Sara López, que interpretou duas cancións con eles.

Banda de Gaitas Cacharela de Covas from Bibliocovas on Vimeo.

12/12/17

APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR

"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a  interpretación gráfica do lema anual. 
A experiencia de Xosé Tomás como profesor de inglés no CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal), centro que conta cunha biblioteca moi activa, sen dúbida está detrás da amplitude de posibilidades que imaxina na súa recreación  gráfica.
Atender a biblioteca escolar do centro supón, para comezar, o reto de deseñar un espazo no que poidan pasar cousas. Un espazo que acolla a todos e todas e que mesmo (como na ilustración de Xosé Tomás), teña a capacidade de "abducir" as persoas usuarias, de trasladalas a situacións gratas de aprendizaxe. Seleccionar os materiais, organizar os recursos, facilitar o seu uso e organizar as actividades para a biblioteca escolar son tamén actuacións que, segundo o enfoque e o criterio co que se realice, poden facilitar ou dificultar esas aprendizaxes posibles.
Unha biblioteca  escolar actualizada no seu modelo, nos seus recursos e equipamentos, nas súas propostas; atendida con profesionalidade e integrada no día a día do centro educativo, supón unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico, a "aprender a pensar".
Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas. Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos  para desenvolver o pensamento complexo. Aprender a pensar nas clases de filosofía, pero tamén fóra das aulas regladas, onde a vida flúe en todo o seu misterio. A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir.

5/12/17

TRABALLAMOS COS ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA

No mes da ciencia, traballamos cos Escornabots na biblioteca cun grupo de alumnos/as de 1º de primaria.
Nunha plantilla con portadas de libros facíamos preguntas sobre o libro (nome dos protagonistas, personaxes, datos sobre o contido do libro, autores...) e tiñan que ir movendo o escornabot ata a casilla coa portada correcta. Tamén fixemos unha competición entre dous escornabots, dando unha pregunta sobre os libros tratar de introducir varias ordes ao robot para chegar ata unha casilla determinada.

Xogando cos Escornabots na biblioteca from Bibliocovas on Vimeo.

4/12/17

ESTÁ BEN SER DIFERENTES!

O día 3 de decembro conmemoramos o día internacional das personas con discapacidade cunha actividade na que participamos con máis centros educativos a iniciativa do CEIP de Cervo. Gravamos dous videos con frases do libro de Todd Parr "Está ben ser diferentes". Colaboramos todos os nenos e nenas do colexio e todos os videos xuntos quedaron moi ben!

macarrons_na_baneira_ceip_covas from MisisRoller on Vimeo.

ceip_covas from MisisRoller on Vimeo.




PREME NA IMAXE PARA VER OS VIDEOS

29/11/17

25 DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Conmemoramos este día cunha actividade sobre a igualdade de xénero á hora de elexir o que nos gustaría ser de maiores coa frase "Eu quero ser..."
 Tamén recibimos a Maleta da igualdade cunha morea de libros sobre a igualdade, non discriminación, loita contra os estereotipos...





Día contra a violencia de xénero from Bibliocovas on Vimeo.

24/11/17

X EQUIPO DE COLABORADORES/AS DA BIBLIOTECA

O X Equipo de colaboradores/as da biblioteca xa está en marcha e xa van dez anos dende que se formou o primeiro cos nenos e nenas de 6º de primaria. Estamos moi orgullosos de contar coa colaboración destes nenos e nenas que de forma desinteresada axudan á organización e dinamización da biblioteca escolar.
Fan de monitores/as das actividades que se realizan no centro, participan en obras de teatro, contan contos aos nenos e nenas, pintan, decoran... 
Dende aquí queremos agradecer aos alumnos e alumnas que durante dez anos colaboraron coa nosa biblioteca. 

X EQUIPO DE COLABORADORES/AS DA BIBLIOTECA from Bibliocovas on Vimeo.

20/11/17

MAGOSTO, DÍA DO PEÓN E XOGOS POPULARES

Magosto.Dia do peón.Xogos populares from Bibliocovas on Vimeo.
Canción "Vive o Magosto" composta por José Manuel López Cabana

O día 13 de novembro celebramos o Magosto e o Día do Peón (exposición de peóns decorados). Como en anos anteriores os nenos/as trouxeron unha presa de castañas que nos asaron na panadería da localidade (Panadería Covas). Tamén degustamos unhas castañas asadas á maneira tradicional pola nosa conserxe. Previamente os nenos e nenas fixeran uns contenedores para meter as castañas con materiais de refugallo (envases de leite).
 Canto nos souperon! 
  Cando as rematamos, todos xuntos bailamos a canción Vive o Magosto e disfrutamos de XOGOS POPULARES por estacións (corda, goma, zancos, rá, chapas, mariola, peón, chave, guialo aro...). Agradecemos a axuda dos nenos e nenas de 6º de primaria que contribuiron a que a actividade fora un éxito repartindo as castañas, axudando aos máis pequeniños a pelalas e exercendo de monitores nos xogos ensinando aos demais como xogar e coidando de que todos o pasaran ben.

5/11/17

HALLOWEEN E SAMAÍN

O día 31 de outubro celebramos Halloween e Samaín, relacionadas coa festividade dos defuntos e según a tradición do Samaín coa colleita e o outono. No centro mesturamos as dúas celebracións e como resultado fixemos unha exposición de cabazas, pantasmas, morcegos... feitos polos nenos e nenas aos que lles pedimos que escribiran unha palabra ou frase con "OS NOSOS MEDOS". Polo patio apareceron dúas bruxas (Mandarina e Berenxena) que axudaron a que todos os nenos e nenas do cole queimaran os seus medos nun gran caldeiro. Para rematar a festa os nenos/as e mestres con disfraces terroríficos bailamos a canción This is Halloween.
HALLOWEEN-SAMAÍN 2017 from Bibliocovas on Vimeo.

HALLOWEEN-SAMAÍN 2017 from Bibliocovas on Vimeo.

Canción "No Samaín" de Brinca Vai!

2/11/17

DIA DA BIBLIOTECA

O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. Este día presentamos a todos os nenos, nenas e profesorado a nosa mascota "real", Lolo.
Lolo apareceu no escenario e todos os alumnos/as déronlle a benvida. Tamén saiu con Brais o neno que o creou cando estaba en 1º de Educación Primaria (agora está en 5ª).
Lolo agradeceu o esforzo dos nenos e nenas polos traballos presentados na actividade "Que é para ti ler?" e presentou o conto que dramatizaron profesores/as do colexio "Corre, corre cabaciña".
Pasamos un día estupendo!

Que é para ti ler? from Bibliocovas on Vimeo.

28/10/17

VOLTA AO COLE CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

Un ano máis participamos na actividade "La vuelta al cole contra la leucemia infantil" organizado pola coa fundación unoentrecienmil . Os nenos e nenas do centro dimos unha volta ao patio co obxectivo de sensibilizar e concienciar da importancia que ten a investigación contra esta enfermidade.
Todo o alumnado de infantil e primaria acompañados polos profesores/as correron baixo a mirada dos pais/nais.
Gústanos colaborar con estas boas accións!



Volta ao cole contra a leucemia infantil from Bibliocovas on Vimeo.

6/9/17

BENVID@S AO NOVO CURSO 2017-2018


Lolo, a nosa mascota da a benvida a o novo curso 2017-2018 a toda a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Covas.


9/7/17

E PARA REMATAR... FESTIVAL!


Para rematar o curso 2016-2017 celebramos un festival coas actuacións por parte dos alumnos e alumnas de todo o centro. Os nenos e nenas nerviosos por actuar diante das familias puxeron toda a súa ilusión e gañas. Os nenos e nenas de 3 anos fixeron un baile coa canción Xuntos de Juan Pardo, os de 4 anos fixéronnos bailar ao ritmo de Grease. Cun clásico These boots are make for walking bailaron os alumnos/as de 5 anos.

En 1º de primaria elaboraron un mosaico ao ritmo da música que nos fascinou, a obra de teatro de 2º fíxonos pasar un bo rato e viñeron os rapeiros de 3º co seu hip hop que puxeron ao público a bailar.
Os nenos e nenas de 4º bailaron moi conxuntados a canción O sacristán de Coimbra. Os nenos e nenas de 5º de primaria teñen moita experiencia bailando hip hop e bailes modernos, a obra de teatro dos nenos e nenas de 6º foi sobre a Galiña Azul de Carlos Casares e por último todos os nenos e nenas do centro bailamos unha canción en inglés Tooty ta poñendo fin ao festival.

A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Covas deséxavos un bo verán!

FESTIVAL FIN DE CURSO 1 from Bibliocovas on Vimeo.

FESTIVAL FIN DE CURSO 2 from Bibliocovas on Vimeo.

FESTIVAL FIN DE CURSO 3 from Bibliocovas on Vimeo.

5/7/17

ACTUACIÓN DE MAMÁ CABRA PARA CELEBRAR O 25 ANIVERSARIO DO COLE

Para celebrar que o cole cumpre 25 anos tivemos a visita e actuación de dous compoñentes do grupo de música infantil  Mamá Cabra.
Gloria, a cantante, fíxonos cantar e bailar tanto aos alumnos/as como aos profes.
Cantamos e bailamos as cancións máis famosas: Ola, ola, lá, Eu son un artista, A miña tía, No baile... e moitas máis.


Actuación de Mamá Cabra

4/7/17

NO COLEXIO EXPERIMENTAMOS


Rematamos o proxecto monográfico da biblioteca "CIENCIA E LECTURA. EU QUERO SABER!" coa exhibición de experimentos que fixeron todos os nenos e nenas do colexio.

Participaron todas as clases dende 3 anos ata 6º de primaria expoñendo os seus experimentos a todos os demais alumnos/as do centro.
Foron tres días de ciencia e demostraron que traballaron moito. 
Cada clase fixo unha demostración práctica ademais de explicar en que consistiu o traballo.
Os traballos estiveron relacionados coa flotabilidade dos obxectos, a electricidade estática, a descomposición da luz, cos volcáns, coa densidade dos líquidos,  fixeron voar pelotas, elaboraron unha lámpada de lava, crearon neve artificial, crearon uns pulmóns artificiais...todo explicado de maneira lúdica e amena... porque a ciencia tamén pode ser divertida!
Un gran final para o noso proxecto de ciencia.
GRAZAS!!



experimentos1

experimentos4

Aquí podedes ver algún exemplo do gran traballo dos nenos e nenas.
Experimentamos

10/6/17

O NOSO COLE CUMPRE 25 ANOS!




25 anos colexio

Un  23 de setembro de 1991 abría as súas portas con certo retraso por unhas obras sen rematar, un novo colexio no barrio de Covas, en Viveiro. As antigas “Escolas vellas” de Covas quedaranse pequenas e antigas e non daban cabida á nova reforma educativa que se estreaba co novo colexio (LOGSE), e que mudaba un sistema educativo que permanecía inalterable dende a Ley de Educación de 1970.

Dende aquel día foron moitas as leis educativas que se foron sucedendo, e moitos os mestr@s e alumn@s  que pasaron por unhas aulas que se quedaban pequenas para tantas ganas de aprender. Tantos cambios que, o que nun principio se chamaba “Colexio Público de EXB de Covas” convirteuse no actual “CEIP Plurilingüe de Covas”, cun claustro de profesor@s que conserva mestras que o acompañaron na súa historia, e que xa o foron dunhos alumn@s que agora son os pais dos actuais nen@s que acoden cada mañá coas súas mochilas cargadas de ilusión.

Neste curso 2016-2017, que estamos a piques de rematar,  cumplimos 25 anos ensinando e aprendendo cos nen@s de Covas, e queremos facer partícipes e celebralo con todos aqueles que dun ou doutro xeito formaron parte da súa comunidade educativa: alumn@s, pais, nais, ANPAS, profesorado, conserxes, auxiliares de conversa, coidadora, limpadoras, veciños, servicios do concello...todos XUNTOS demos forma aos 25 anos de historia do noso colexio.
O 25 aniversario é un momento moi especial e non o queremos deixar pasar, e debémolo celebrar cunha exposición de fotos que aportaron  antigos alumnos/as e profesorado que está ou estivo no centro.
Unha morea de recordos vividos dende o 1991. Pasade polo centro para ver as fotos e  lembrar os vellos tempos!
Tamén hai unha exposición dos xornais  " O Charlatán de Covas" que editamos dende os comezos e que agora publicamos en formato dixital.
Queremos lembrar a todas as persoas que pasaron polo colexio: alumnos/as, profesorado, conserxes, ANPAS, personal non docente... xa que entre todos construímos o que é o noso colexio na actualidade.
Graciñas!



9/6/17

EDGAR E O SEU AVIÓN

Edgar e o seu avión

Edgar, un rapaz de 4º curso de primaria  é o noso inventor da semana.  Construiu este avión con materiais reciclados... e ademais... funciona!
Grazas Edgar por este gran traballo!

8/6/17

OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS CÓNTANNOS UN CONTO

Os nenos e nenas de 4 anos cóntannos o conto "Un agasallo diferente". Axudados da súa titora Loli grabaron as voces e elaboraron este video. Non deixedes de velo!

 

Un agasallo diferente

5/6/17

VI DIA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA- HOMENAXE A MARUJA MALLO

O día 1 de xuño conmemoramos o Dia da Arte Galega na Escola e nesta ocasión fixemos unha homenaxe á artista que naceu en Viveiro, Maruja Mallo.
Cada aula escolleu un cadro da autora elaborando diferentes versións nos días previos. Nas aulas de infantil traballaron sobre as obras de "Naturaleza viva" con elementos naturais (cunchas, algas, area...)elaborando cada neno/a a súa versión do cadro, en 1º fixeron un quebracabezas coa obra "Máscara tres-veinte", en 2º traballaron co cadro "Selvatro"  o efecto espello, na clase de 3º fixeron un "Protoesquema" en 3D, "Elementos para el deporte" foi a obra escollida por 4º elaborando os diferentes elementos do cadro con materiais comúns como cartón, témperas, corda, papel..., o papel maché foi a técnica que empregou a clase de 5º para recrear "Máscaras con mariposas".

O alumnado de 6º fixo unha performance en vivo de rostros e figuras dos cadros da artista, incluíndo a foto de Maruja Mallo con algas, máscaras, muller negra...Contamos coa colaboración de Sara, antiga alumna do centro e que maquillou aos nenos e nenas de 6º  facendo un traballo magnífico 😊.

 O día 1 saímos todas as clases ao patio para rematar as obras e facer unha exposición e posta en escena na hora da saída para os padres e familiares do alumnado.

Coas obras rematadas e fotografiadas elaboraremos uns marcapáxinas que repartiremos polas tendas da zona e que darán como agasallo á clientela.


 
DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA 2017 (I)



 
DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA 2017

DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA 2017(III)


















4/6/17

INFANTIL FOI DE EXCURSIÓN AO CASTELO DE MOECHE

VISITA AO CASTELO DE MOECHE

O alumnado de Educación Infantil pasou o día 23 de maio no Castelo de Moeche como remate do seu proxecto do curso “Os castelos”. Contaron coa axuda de Ana, unha guía que lles amosou as partes do castelo, como vivían os señores, as relacións dos señores cos vasalos, costumes...
Comeron en pleno campo pasando un día moi divertido.

3/6/17

GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA DIRIXIDA POR NOELIA, NAI DE EDGAR E HUGO

Maios

Como nos gusta a música!
Esta semana veu actuar ao noso colexio un grupo de música tradicional galega dirixida por Noelia, a nai de Edgar e Hugo. A Noelia acompañáronna membros da Asociación Os 21 de O Vicedo e Valdeflores de Viveiro, tocando  instrumentos populares e un grupo de acordeóns do Conservatorio de Viveiro.
Foi unha actuación fantástica e algúns nenos e nenas do colexio que están a aprender a tocar a pandereta e tambor acompañáronnos nunha canción.
Cantaron cancións tradicionais, tamén Catro vellos mariñeiros e remataron coa canción O galo canta coreada polos nenos e nenas do colexio.
Grazas por esta magnífica actuación!


30/5/17

SEMANA DA LECTURA "NÓS TAMÉN CONTAMOS"

Semana da lectura "Nós tamén contamos"

Coma todos os anos por estas datas das Letras Galegas, no cole organizamos a Semana da Lectura có título "Nós tamén contamos".
A actividade consiste en ir ler, dramatizar, recitar, contar... dunhas clases a outras.
Previamente todos os nenos e nenas dende 3 anos ata os de 6º de primaria preparan a lectura, conto, obriña, teatro, poesía... para ir ás  clases dos compañeiros e sorprendelos durante a hora de ler.
Toda a semana hai un ir e vir dos nenos e nenas que van a outras aulas cos nervios típicos previos á actuación.
Tod@s o fixeron marabillosamente ben e disfrutamos do pracer de ler, escoitar contos, ver teatro de sombras... da man dos nosos alumnos/as que melloran as súas habilidades e competencias en expresión oral.
Grazas a todos os nenos e nenas.

17/5/17

XA ESTÁ AQUÍ "O CHARLATÁN DE COVAS" 2017

Para conmemorar as Letras Galegas publicamos o último número do xornal do cole "O Charlatán de Covas". O xornal está adicado a CARLOS CASARES  e o tema da portada está relacionado có proxecto monográfico da biblioteca "Ciencia e lectura. Eu quero saber".

9/5/17

EXPOSICIÓN NO CENTRO "AQUÍ CANTAMOS ASÍ" DENTRO DO PROXECTO DA MICRORREDE DA MARIÑA


Aquí cantamos así- exposición no colexio

Video da exposición dentro do centro dos traballos realizados polas familias dentro do proxecto da Microrrede da Mariña "A Mariña con moita arte" e a actividade  "Aquí cantamos así" sobre cancións tradicionais...
Grazas a todos os participantes pola imaxinación e creatividade de cada obra.
Algúns traballos levaban incorporado un código QR que vinculaba a obra coa gravación de audio ou video.

3/5/17

CHARLA DE SEPRONA PARA OS NENOS E NENAS DE PRIMARIA

O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) é unha unidade da Garda Civil en España, encargada da conservación da natureza e os recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexética, piscícola, forestal e de calquera outro mester relacionado coa natureza.
Creado no ano 1988 e reorganizada no ano 2000, o SEPRONA ten a misión de evitar agresións ó medio ambiente, e a de protexer os bens mobles e inmobles catalogados como Bens do Patrimonio Histórico en todo o territorio español e no seu mar territorial, incluída a preservación de especies protexidas e ameazadas.

Roberto, un garda civil que realiza o seu traballo na unidade de investigación, explicou aos nenos e nenas de primaria as funcións que realizan, as diferentes unidades que hai (Servizo de incendios, de montaña, de investigación...) e como podemos axudar para protexer a natureza.
Os nenos e nenas fixeron moitas preguntas e estiveron moi interesados na charla demostrando que saben que hai que coidar  da natureza.

29/4/17

SOFÍA DE 3 ANOS CANTA Á "MIÑA ABUELA MANUELA"

Sofía de 3 anos canta así de ben unha canción adicada á todas as avoas "Miña abuela Manuela".
Que fantástica cantante!

Miña abuela Manuela por Sofía de 3 anos


26/4/17

LUCAS POLO E A SÚA FAMILIA CANTAN "A RIANXEIRA"

Lucas un neno de 2º que con a súa familia cantan estupendamente a canción popular "Polo río abaixo...".
É imposible non poñerse a cantar con eles!

PAULA E SOFÍA CANTAN "DEDÍN, DEDÍN"

Paula de 3º e a súa irmá Sofía de 3 anos cantan a canción "Dedín, dedín". Fantástico chicas!


Paula e Sofía cantando Dedín, dedín


"O GALO CANTA" POR PAULA MARIÑO

Paula, unha nena de 2º de primaria cantounos "O galo canta a galiña chora". Estupendo Paula!


ARI E A SÚA FAMILIA CANTAN "O RODABALLO"

Esta canción tan divertida cantáronna Ari de 3º e a súa familia. Fantásticos!  

20/4/17

PAULA E XAVI CANTAN "POUSA, POUSA"

Paula de 6º e Xavi de 1º acompañados pola familia cantan "Pousa, pousa". Son uns grandes artistas!





SARA E NOA CANTAN A CAROLINA

Sara López e Noa Míguez de 4º de primaria elexiron "A Carolina" para o seu traballo. Moi ben chicas!
 

19/4/17

AQUÍ CANTAMOS ASÍ

Dentro do proxecto da Microrrede da Mariña "A Mariña con moita arte" o noso centro participa cos traballos feitos polas familias e que levan por título "Aquí cantamos así". O obxectivo é achegar as cancións tradicionais de festas, faenas do campo, do mar...aos rapaces máis novos e por eso pedimos ás familias que gravaran unha canción. Traballando coas TICs engadimos un código QR a cada traballo plástico. Cun lector de códigos QR descargado nun dispositivo móvil poderemos escoitar a canción ou ver o video dos traballos das familias.
Xa podemos ver os fantásticos traballos na exposición do colexio.

18/4/17

ALDARA DE 3º CANTA A UN AMOR MARIÑEIRO

Esta é Aldara e a súa canción tan doce adicada a un amor mariñeiro.



LOLA, DE 5 ANOS CANTA "ESTE OLLIÑO PIMPILÍN"

Lola, de 5 anos e irmá de Aldara deleitounos con esta canción tan divertida. Toda unha artista!

LOLA,ESTE OLLIÑO PIMPILÍN




SARA BARREIRO ARES DE 5 ANOS CANTA CATRO VELLOS MARIÑEIROS

Sara foi ata a praia de Covas para cantar "Catro vellos mariñeiros" e de fondo... San Roque, claro. Grazas a Sara e á súa familia por este fantástico video.


Sara Barreiro Ares


LUCAS DE 5 ANOS E A SÚA FAMILIA CANTANDO A RUMBOIA

Escoitade esta canción tan divertida que cantan Lucas e a súa familia. Fantásticos!