3/4/20

QUEREDES SER BOOKTUBERS? MES DOS LIBROS

Ao mes de abril  tamén lle chamamos o MES DOS LIBROS porque o día 2 é o Día Mundial do Libro Infantil, e o 23 é o Día Mundial do Libro e Dereitos de Autor.

  Estes días seguro que tiveches a oportunidade de ler moito. Seguro que volviches ler libros que tiñas na casa ou libros online.
Pois imos propoñerche unha actividade dende a biblioteca...



QUEREDES SER BOOKTUBERS? 


Tan só tedes que gravar un video falando sobre un libro (o que estades a ler, recomendando algún que vos gustara, o libro que lle gusta a teu pai/nai...) 
Podedes gravar o video toda a familia. 

 O video que non dure máis dun minuto...  e tedes todo o mes de abril para facelo.

Poñédevos guap@s, collede o libro/s e...  
3, 2, 1...ACCIÓN! 


  Si o teu non é o video, podedes tamén

 ENVIAR unha foto co LIBRO que estades a ler ou que vos están a ler vosos pais/nais...





Envíanos o video/foto poñendo no asunto:
 "mes dos libros" ao correo:

comparte.ceipcovas@gmail.com



No hay comentarios: