22/3/23

Obradoiro ABN para Infantil. Lectura e Familias

Chegou a quenda de Infantil do Obradoiro de ABN dentro do Programa Lectura e Familias!!!!!!, 

O profesorado de Educación Infantil, xunto co resto de profesorado que incide no ciclo, organizaron esta actividade. A coordinadora de infantil, Raquel Trasancos Soto, impartiu na biblioteca unha formación dirixida aos pais e nais na que explicou en que consiste o método a través dunha variada mostra de actividades. 

Unha vez rematada, as familias desfrutaron ao carón dos seus fillo/as dun obradoiro matemático composto por cinco recantos con diferentes actividades.

Grazas de novo a todas as familias pola súa implicación!!!

Covasmola 2.0 😍😍😍😍😍





























  


       

No hay comentarios: