Recollimos todos os froitos do horto pero precisábamos máis ingredientes para facer un menú equilibrado.
Temos que ir mercar!!!!
A onde? Pois ao comercio local, por suposto.
E que fai falla para mercar? Pois cartos!!!!!💸💸💸
Así que retomamos os rexistros de hábitos saudables para obter cartos. Para puntuar e gañar Covasmolas, a nosa moeda, a lo menos o 90% do alumnado debía respectar o calendario de merendas saudables (alimentación), traelas en envases reutilizables (sustentabilidade) e vir ao cole andando, en bici ou en patíns (mobilidade).
O noso alumnado, coa axuda das familias, cumpriu as tres premisas, salvo casos moi puntuais, así que o reto foi acadado.
Lolo, a nosa mascota, achegou a cada grupo unha receita e xa só quedaba facer a lista da compra e ir mercar.
Coa lista na man, os Covasmola no peto e o carriño da compra, saímos unha representación de cada receita a mercar os ingredientes aos establecementos colaboradores aos que lles queremos dar as grazas (Ultramarinos Ángeles, Froitería Calpita, Carnicería Juan e Panadería Orixes).
O comercio local participante estaba identificado cun logo de "establecemento colaborador Covasmola".
Estamos orgullosísimos da marabillosa acollida da nosa comunidade educativa, da súa entrega, colaboración, complicidade e comprensión. Viva o comercio local de Covas!!!!!
Aquí vos deixamos testemuña visual da experiencia.
Ao alumnado de infantil tócalle a sobremesa: mandalas e brochetas de froita e un batido.
O primeiro ciclo é o encargado das bombas de saúde, da bebida enerxética e do pan chapati que vai servir de base para a pizza.
Ao segundo ciclo tocáronlle as ensaladas, unha de polo e outra de atún.
O terceiro ciclo ten que elaborar a pizza sobre o pan chapati que prepara o primeiro ciclo e a tortilla.
Compra rematada!!!!!🛒💸👏
Tic tac tic tac⏰⏰⏰
En breve o cociñado 👩🍳🧑🍳 e a continuación o mesón Covasmola abre as súas portas!!!!! 🥰🥰🥰🥰🥰🥰
No hay comentarios:
Publicar un comentario