Adentrámonos na semana máis terrorífica do ano e no contexto lingüístico tivémolo moi en conta.
No primeiro ciclo tiveron "Unha extraña visita" e á Bruxa Brunilda como convidada de honra. Encheron un tarro de medos e crearon os seus propios monstros.Tamén tiveron momento para os xogos de mesa sobre a festividade: Lince, Memory, Quen é quen e Tabú.
No segundo ciclo traballaron a lectura de "O noso Samaín" a través dunha lectura feita por antigos alumnos e alumnas do cole.
No hay comentarios:
Publicar un comentario