Rematamos o mes da Ciencia escolma de todo o traballado no contexto cientifico para esta celebración.
Aproveitando que estivemos a traballar os seres vivos, e entre eles as plantas, fixemos os seguintes experimentos cos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.
5º e 6º:
- Visualización de células vexetais a través da pel da cebola. Cada grupo fixo dúas mostras, unha a que lle engadían unha gota de auga, e a outra azul de metileno. No microscopio foron quen de ver como é un tecido vexetal, e distinguir aló menos 2 partes da célula vexetal (a parede celular e o núcleo)
3º e 4º:
- Crearon un miniecosistema dentro dunha botella que pecharon e non poden volver a abrir, e que a día de hoxe, logo de pasar aproximadamente uns 20 días, os ecosistemas seguen con vida, pese as hipóteses pesimistas que formularon, pois estaban convencidos de que non durarían máis de 2 semanas porque non tiñan osíxeno e non o podían regar.
- Outros dos experimentos foi extraer ca clorofila das follas das espinacas, para ver se ese pigmento podería tinguir algún elemento. Probaron con papel absorbente e con xiz branca. Puideron observar que ambas se volvían de cor verde, de diferentes verdes. Polo que investigaron un pouco máis e atoparon que existen varios tipos de clorofila dentro dunha mesma planta.
- Outro grupo comprobou a respiración das plantas. Para iso introduciron unha planta con raíz nun bote con auga e un pouco de bicarbonato, deixaron pasar un poucos minutos e viron como nas follas das plantas había burbullas, coas que concluímos que é o osíxeno que desprenden ao facer a fotosíntese. Este experimento axudounos a comprender o que pasaba no miniecosistema que fixeran facía unhas semanas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario