31/5/25

Os maios 2025

Como xa ven sendo unha tradición no cole de Covas, igual que en Viveiro, este ano celebramos os Maios. Xa sabedes  que en Viveiro os maios "cantanse" polo que volvimos a entoar as súas coplas e a ser testemuña da importancia dos cánticos de tradición oral na nosa contorna.

Engalanados con flores saímos cantar os maios ao patio, entre algún trono que outro, pero sempre valorando a importancia do patrimonio inmaterial que supón esta festividade.






















                             


30/5/25

TELECOVASMOLA Prog 4 "Florece Covasmola", o noso PDI 24-25

Os nenos e nenas do terceiro ciclo vannos contar nesta ocasión en que consistiu o proxecto documental integrado da Bibliocovas para o presente curso. Leva por nome "Florece Covasmola". O programa foi elaborado no contexto lingüístico.

BRAVO RAPAZADA!!!!👏👏👏👏👏👏👏👏




                             


29/5/25

Os robots e as árbores

No recanto de robótica de educación infantil, para traballar a orientación espacial, ao tempo que asentamos os contidos traballados ao longo do proxecto “Bosques e Flores”, empregamos o Tale Bot. 

Os nenos e nenas tíñanse que ir movendo polas distintas casiñas e ir resolvendo os retos plantexados😍😍😍😍😍😍

















28/5/25

Impresora 3D en música

Levávamos tempo sen a impresora 3D. Desde a aula de música fixemos uns xogos con figuras musicais, unha frauta de pan e algunha figuriña famosa para traballar con musicogramas