31/5/25

Os maios 2025

Como xa ven sendo unha tradición no cole de Covas, igual que en Viveiro, este ano celebramos os Maios. Xa sabedes  que en Viveiro os maios "cantanse" polo que volvimos a entoar as súas coplas e a ser testemuña da importancia dos cánticos de tradición oral na nosa contorna.

Engalanados con flores saímos cantar os maios ao patio, entre algún trono que outro, pero sempre valorando a importancia do patrimonio inmaterial que supón esta festividade.






















                             


No hay comentarios: