12/6/25

Hoxe buscamos e atopamos as herbas de San Xoán

Hoxe fumos buscar as herbas de San Xoán para preparar a auga e lavar a cara mañá.
Fiuncho, herba luísa, fento macho, romeu, xesta, herba de San Xoán e malva; recollímolas e fotografiamos os lugares para a exposición dos nosos traballos o vindeiro luns como actividade de peche do PDI "Florece Covasmola".
Esta noite, Rosalía, que luce xa completa e máis fermosa que nunca, é a encargada de coidar da auga de San Xoán e facer a maxia.
Que importante é manter as nosas tradicións!!!





                             




No hay comentarios: