25/11/25

O recanto de robótica ule a outono

Esta quincena, o alumnado de Infantil levou a cabo as seguintes actividades:

- na pizarra dixital recrearonse con xogos de memoría de atavíos da estación,  clasificación de froitos carnosos e secos e asociación de son e palabra coa imaxe. 

- Cos Tale-bot realizaron varias actividades; 

1-traballaron a orientación espacial coas coordenadas indicadas logrando así os elementos para disfrazar a unha nena de bruxa.

2- A Castañeira: tamen traballaron a orientación seguindo as frechas ata chegar aos froitos do outono.

- Recoñeceron grafía e dedas nas tarxetas, e no taboleiro tiñan dirixir o robot ata o cartaz que tiña as mesmas landras que saíran no número e nas dedas.

- Cestas silábicas; co taboleiro cheo de obxectos, froitos e elementos do outono os nen@s tiñan que levar o robot ata onde quixeran, nomealo e, coa axuda  dos maiores dicir cantas " palmadas - sílabas " e deixalo na cesta correspondente.

Nas mesas de luz as actividades a realizar foron; debuxo de siluetas de arañas co corpo de figuras xeométricas, cos discos translúcidos adornar siluetas e por último cubrir as follas das diferentes cores: marrón, amareli, laranxa e vermella cos obxectos da mesma cor e xogaron libremente a poñer uns enriba doutros para ver a cor que aparecía.




















                             













24/11/25

25N: NON a todas as nenas lles gusta o rosa

Para a conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, unha nena e un neno de 6º de educación primaria, nos gravaron este conto para a hora de ler.

Grazas!!!!





                             




25N: "Pon o foco". Punto lila lector e postais

Para conmemorar o 25 N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, elixímolo lema "Pon o foco".

O alumnado de 5° e 6° de educación primaria realizaron uns focos con luz violeta que nos serviron para crear un punto lila lector  e alumear as lecturas propostas para a hora de ler por este día.









Ademais, cada aula realizou unha postal con este lema que contiña un circuito eléctrico con cinta de cobre, pila e luz led, do que obtivemos tamén a luz violeta CONECTANDO O 25N co MES DA CIENCIA EN GALEGO.