24/11/25

25N: "Pon o foco". Punto lila lector e postais

Para conmemorar o 25 N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, elixímolo lema "Pon o foco".

O alumnado de 5° e 6° de educación primaria realizaron uns focos con luz violeta que nos serviron para crear un punto lila lector  e alumear as lecturas propostas para a hora de ler por este día.









Ademais, cada aula realizou unha postal con este lema que contiña un circuito eléctrico con cinta de cobre, pila e luz led, do que obtivemos tamén a luz violeta CONECTANDO O 25N co MES DA CIENCIA EN GALEGO.























                             



No hay comentarios: