24/11/25

Seguimos experimentado en infantil

Experimento con botellas

Presentamos os materiais e explicamos o que imos facer. No fondo da botella poñemos vinagre e no globo bicarbonato.  Antes da mestura establecemos hipóteses en grupo. A continuación, baleiramos o contido do globo na botella e observamos o que sucede. Por último, achegamos conclusións do sucedido,  preguntándonos que foi o que pasou e o porqué, aproximándonos ao concepto de reacción química e fomentando a Competencia STEM.









Experimento volcán.

O proceso é o mesmo que na actividade anterior: explicamos, establecemos hipóteses, mesturamos, observamos, comprobamos e achegamos conclusións.








                             


17/11/25

Experimentamos: Descubrindo mensaxes en infantil

Esta semana no recanto sensorial,os alumnos e alumnas de educación infantil escribiron mensaxes ocultas utilizando unha culler de auga e unha de bicarbonato.

Unha vez escritas, coa axuda dun pincel, desciframos o que poñía mesturando cúrcuma con alcol. Pasámolo moi ben!!!

Este foi o resultado....







                             

Arañas, que medo!

Enlazando co proxecto do trimestre, o alumnado de 6° de EI elaborou estas arañas terroríficas para o Samaín.





13/11/25

A electricidade no mes da ciencia en galego

Polo mes da ciencia acordamos co alumnado traballar a electricidade. Estamos elaborando uns focos que terán un papel protagonista na celebración do 25 N. Así que mans á obra: cables, parafusos, latas do café, madeira. ... O 25N veredes o resultado🥰🥰🥰🥰🥰

 Como gozamos empatando cables, enchufes...!!!❤️❤️❤️