24/11/25

Seguimos experimentado en infantil

Experimento con botellas

Presentamos os materiais e explicamos o que imos facer. No fondo da botella poñemos vinagre e no globo bicarbonato.  Antes da mestura establecemos hipóteses en grupo. A continuación, baleiramos o contido do globo na botella e observamos o que sucede. Por último, achegamos conclusións do sucedido,  preguntándonos que foi o que pasou e o porqué, aproximándonos ao concepto de reacción química e fomentando a Competencia STEM.









Experimento volcán.

O proceso é o mesmo que na actividade anterior: explicamos, establecemos hipóteses, mesturamos, observamos, comprobamos e achegamos conclusións.








                             


No hay comentarios: