5/5/12

SEMANA DA LECTURA 2012

Co gallo do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, celebramos no colexio a SEMANA DA LECTURA (Queres que che conte un conto?) na que todos os nenos e nenas van a outras clases a ler, dramatizar, recitar...
Durante esta semana, a hora de ler é especial e as clases reciben ansiosas aos nervosos/as contacontos.
Así os nenos e nenas de 6º reciben ilusionados aos de infantil e os de infantil van feitos unha chea de nervos ás clases dos "maiores".