5/5/12

VISITA DE XOAN GUERREIRO AO NOSO COLE

O xoves día 3 tivemos a agradable visita do pintor XOÁN GUERREIRO, que vive en Xove, moi preto de Viveiro. No cole ensinounos parte da súa obra sobre todo a relacionada coa zona coas preciosas casas de indianos de "Os silencios da luz"  , paisaxes marinos da Illa de Area, de Covas vista dende o mar da colección "Mar tendido" ou as estacións do tren entre Lugo e Madrid... Tamén xogamos a adiviñar o cadro rematado partindo do boceto da súa colección "Fragmentos de Lugo". Falounos das técnicas que usa , da súa profesión  e animou a todos os nenos e nenas a coller lapis de cores e debuxar.
Todos aprendimos moito e foi un verdadeiro placer telo no colexio.
                                               Xoán Guerreiro no CEIP de Covas on PhotoPeach