31/1/13

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O día 30 de xaneiro celebramos no colexio o DIA DA PAZ E A NON VIOLENCIA. Comezamos o noso pequeno acto aportando un gran de area para que xunto con outros nenos/as poidamos encher o CONTENEDOR DE ILUSIÓN e mandar material escolar usado ou novo e axuda humanitaria á poboación máis vulnerable de NICARAGUA que, como di CELSO EMILIO FERREIRO (do que acabamos de celebrar o seu centenario) son os nosos "irmaus".
 Os nenos e nenas acompañados de música do poema IRMAUS introduciron o material no contenedor. A continuación todos xuntos dende 4º de Educación Infantil ata 6º de Primaria bailamos a danza da chuvia ZEMER ATIK (Israel), invocando unha "chuvia" de solucións e remedios que nos permitan vivir a todos e todas en PAZ.