25/1/13

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Día Escolar da Paz e a Non Violencia, que se celebra o 30 de xaneiro, data da morte de Gandhi (fai agora 65 anos).
 As bibliotecas escolares comezan a difundir as súas propostas, poñendo a disposición das súas comunidades educativas recursos variados e apoiando as iniciativas do centro para a educación en valores, que vén sendo o motivo de toda esta actividade.