21/4/15

AS NENAS DE 6º VISITAN A CLASE DE 2º

Unhas nenas de 6º deronlles unha sorpresa á clase de 2º porque na hora de ler foron lerlles unha historia. A historia era "A que sabe a lúa" que leron acompañados de debuxos que elaboraron elas mesmas. Foi unha sorpresa moi agradable e os nenos e nenas de 2º quedaron encantados coa visita.