20/4/15

TRABALLAMOS NO HORTO ECOLÓXICO DO COLE

Ola:
Tras a chegada da primavera e do bo tempo aquí estamos de novo traballando o noso horto.
Esta vez, despois de preparar un pouco a terra, empezamos por prantar unhas leitugas; logo virán as fresas, as cebolas...
Como podedes ver nas fotos, alegría e ganas non nos faltan.
Isto ten que dar bo froito. Xa o veredes aló polo mes de setembro.