11/4/19

CANTAMOS E BAILAMOS CON SUSA HERRERA

Susa Herrera, autora de libros cantados, visitounos no colexio.
Na primeira sesión estivo cos nenos e nenas de Infantil, primeiro e segundo.
Con eles cantou e bailou cancións do seu libro "Cuantos animales". Despois tocoulles o turno aos nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º, todos cantaron e bailaron cancións de "En Cabárceno se oye cantar".
Foi unha visita moi divertida e as cancións... estupendas!

No hay comentarios: