"Catro vellos mariñeiros" é unha canción popular típica do noso pobo, Viveiro.
Dentro do PDI "Descubrindo Viveiro" non podía faltar esta canción, que cantamos en festas, reunións, nos cantos de tabernas... e que nos identifica como pobo mariñeiro por excelencia.
Catro vellos mariñeiros está gravada en distintos lugares de Viveiro: no Souto da Retorta (onde se atopa o Avó, o eucalipto máis alto e grande de Europa); na praia de Area e en Monte Faro, no Paseo Marítimo de Covas, na praia de Covas (nos Castelos), no paseo fluvial do Landro e na Área Etnográfica da Insua.
E así de ben o fixeron os nosos nenos e nenas!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario