No cole de Covas levamos un mes intenso de rexistros de hábitos saudables para realizar a primeira grande actividade de centro dentro do PDI "Seres Covasmola".
Lolo lembrounos, que o que comezou sendo o PDI Covasmola fai cinco cursos, é hoxe parte da nosa identidade como ben recolle o Proxecto Educativo.
Así que ao traballo, pola nosa saúde e pola saúde da nosa contorna!!! Recollimos os datos sobre alimentación, envases reutilizables e desprazamentos ao cole durante 20 días.
Traballamos por grupo e chegou o momento da recompensa, incorporar bos hábitos tamén se traduce en obter Covasmolas, a moeda do noso centro. E para que serven os Covasmolas? Pois para mercar cousiñas no Mercado de Nadal. Tivemos uns elfos moi especiais traballando arreo.
Por grupos fixemos reconto dos cartos acadados e puidemos consultar o listado de prezos. Competencia matemática a tope!!!!
Comezamos tamén a elaborar as listas da compra para ter todo a punto para mañá.
Que emoción!!!






































No hay comentarios:
Publicar un comentario