2/12/25

UXíA, Ser Covasmola polo 3 de Decembro

Hoxe é 3 de decembro, Día Internacional das persoas con Diversidade Funcional. E qué mellor día que este para presentarvos a UXÍA ❤️💜🩵

Esta é UXÍA..


Como se creou Uxía?

En primeiro lugar o alumnado realizó un bosquexo e os patróns para as partes do corpo de Uxía e,a continuación pasalos ás teas.








Uniron as partes: brazos, pernas, tronco e cabeza.






Cosérona polo revés, enchérona de guata e engadíronlle 1kg de arroz para que tivese peso e servira de boneca ponderada. Darlle apertas relaxa!!!







Puxéronlle ollos e boca (Uxía non ten nariz nen orellas a elección do alumnado). Para os ollos coseron dous botóns, e a boca bordárona con lá que tamén empregaron para o cabelo. 

Peiteárona ben








E chegou o momento de vestila. Decidíronse por un refaixo de flores, con goma na cintura e un vestido de superheroes con volantes.








Nalgún  intre apareceu a pulseira, non sabemos como, pero ten un cascabel🤣

Uxía e o resultado de combinar teas, texturas, trazos diversos, ilusión e moita imaxinación.

Benvida Uxía!!!


                             







No hay comentarios: