29/10/21

Arinca o SAMAÍN!!!!

 Arrinca a celebración do Samaín no CEIP Plurilingüe de Covas !!!!

A Santa Compaña chega ao noso cole. QUE MEDO!!!!!!!!






      

25/10/21

Celebramos o Samaín!!!!

Para celebrar o Samaín queremos compatir a lectura de "O noso Samaín" polos nen@s de 4º de primaria.

Tamén cargamos os andeis móbiles dos corredores de lecturas cheas de medos para a hora de ler!!!




 

Esta experiencia dos andeis móbiles xunto coa Bibliopatio permítenos achegar máis lecturas, máis aventuras que disfrutar.



24/10/21

Día das bibliotecas 2021 "A Santa Compaña"

 Pois chegou o día das bibliotecas e colleunos en obras!!!! Si, si, ... en obras!!!!! 😱😱😱😱




Estamos redistribuindo a biblio para dar cabida a todos o proxectos que queremos traballar nela. Estamos moi emocionad@s 😍😍😍😍😍

Pero non íamos deixar pasar esta data sen celebrala así que Julia e Vega quixeron compartir con nós a información que teñen sobre a Santa Compaña.

Sobre A Santa Compaña siiiii!!!!

Este curso escollimos esta lenda tan identitaria da nosa tradición para celebrar o Samaín así que traballaremos a historia e disfrazarémonos dela o vindeiro venres. Prometemos fotos!!!!! 

Pero antes de nada que Julia e Vega nos conten o que saben desta procesión de mortos!!!

QUE MEDO!!!!!!! 


Podedes ver agora o vídeo?


18/10/21

Bibliopatio 2021!!!!



Estreamos a bibliopatio para este curso!!!!!
 

Ademais temos a sorte de ter bo tempo así que ... que mellor forma de pasar o tempo de lecer que compartindo unha boa lectura 😊😊😊😊