21/3/25

21 de marzo: Día Mundial do Síndrome de Down

Hoxe é o Día Mundial do síndrome de Down. Desde a Bibliocovas traballamos as seguintes lecturas que achegan ao alumnado ao coñecemento da trisomía21. 




  

                        


O lema deste 2025 é "decidímonos", un tema no que se inspira a Convención das Nacións Unidas sobre o dereito de participación das persoas que viven con esta condición xenética. Para darlle visibilidade sumámonos á campaña de levar postos calcetin desparellados.












11/3/25

BÓTALLE FLORES - 8M 2025

Polo Día da Muller na Bibliocovas nace a campaña "Bótalle Flores" na que unha muller que nos agarda na entrada da Bibliocovas recolle os ramos de flor de lavanda acompañados de mensaxes que o alumnado ten para as mulleres.

Seguindo as liñas da nos PDI "Florece Covasmola" quixemos transmitir con esta campaña o agasallo das flores físicas feitas polos nenos e nenas e a metáfora das palabras fermosas hacia as mulleres.


No patio, durante o tempo de lecer, as colaboradoras da biblioteca entrevistaron aos representantes das diferentes aulas para explicar as frases dirixidas ás mulleres que o seu grupo reflectiu no ramo de lavanda.



En infantil traballaron sobre as mulleres máis importantes da súa vida.




Para a elaboración dos diferentes materiais traballouse nas aulas sobre a seguinte presentación. Preme na imaxe ...


Logo de rotular e indicar o espazo dirixido á muller na Bibliocovas, éste quedará fixo para que calquera neno ou nena entregue unha mensaxe cando así o sinta.