A profe Mariña recolleu a grafía de cada un dos nenos e nenas da clase de 2º de primaria e imprimiuna para que lles quede como testememuña do paso por este curso.
CEIP PLURILINGÜE de COVAS-VIVEIRO (LUGO)
A profe Mariña recolleu a grafía de cada un dos nenos e nenas da clase de 2º de primaria e imprimiuna para que lles quede como testememuña do paso por este curso.
O alumnado de 4 anos leva para a súa casa un recordo do seu amor pola lectura feito coa impresora 3D.
Para despedir o curso faremos unha Romaría Covasmola como xa ven sendo unha tradición no cole. Tamén teremos que comer e elaborar bocatas saudables para todo o cole. Precisamos facer a compra así que, contando coa colaboración do comercio local de Covas, aos que lle agradecemos a súa disposición, enviamos un grupo de alumnos a facer a compra.
Aquí vos deixamos as recomendacións de verán coa que contamos coa grandísima colaboración do equipo de orientación.
Son moito máis que recomendacións lectoras!!!!
PREME NA IMAXE PARA DESCUBRILAS
Despois da formación con Rafa Sánchez sobre STOP MOTION coa aula de 2º de Educación Primaria despedimos o curso da man de Pepiño, un caracolillo da Parrela que ….
Moitas grazas profe Mariña por ser sempre luz e maxia!!!!😍😍😍😍
Ollade a súa historia, estés son os primeiros pasiños no Stop Motion👏👏👏👏👏👏
Como remate do PDI e da actividade das herbas de San Xoán os nenos e nenas de cada aula puideron ecplicarlle ao resto do alumnado do cole a herba que foron buscar para lavar a cara cun mural elaborado por eles para a ocasión.
Infantil explicou o fiuncho
1° EP a herba Luísa
2° EP o fento macho
3° EP o romeu
4° EP a xesta
5° EP a herba de San Xoán
6° EP a malva
De todas elas puidemos escoitar as diferentes denominacións, o nome científico, as propiedades que tiñan, para que se empregaban, curiosidades varias e algunha lenda e adiviña.
Sodes uns artistas rapazada de Covas!!!
Da gusto oírvos falar🥰🥰🥰🥰🥰