Tamén a degustación dos doces de Entroido tivo plan B 🥰🥰🥰
28/2/25
Alpuxarrada 2025
Tamén a degustación dos doces de Entroido tivo plan B 🥰🥰🥰
Xardín "Florece Covasmola". Entroido 2025
27/2/25
Como medran as nosas flores!!!
Para celebrar o Entroido este ano. desde a Bibliocovas e seguindo os mandados do noso PDI "Florece Covasmola" creamos un xardín de Entroido. Nel temos xardiñeiros e soles, abellas e bolboretas e, sobretodo FLORES, MOITAS FLORES!!!!!
Aquí tedes toda a info elaborada para traballar nas aulas polas nosas colaboradoras!!!!
26/2/25
ALPUXARRADA 2025 "FLORECE COVASMOLA"
Xa temos a Alpuxarrada para este ano. Do mesmo xeito que o noso Proxecto Documental Integrado da Bibliocovas leva o título "Florece Covasmola".
Como é de costume interprétarémola o vindeiro venres 28 no Parque Pernas Peón despois do desfile.
NON O PERDADES!!!!!
25/2/25
Xornadas de Portas Abertas
Celebramos as Xornadas de Portas Abertas para o novo alumnado do curso 25-26. Foi unha visita moi tenra e do máis doce. Despois de visitarnos quixemos despedilos cuns agasallos e vémonos en setembro no cole de Covas.
Covasmola🥰
18/2/25
Luz negra
O alumnado de 5° de Educación Infantil experimentaron coa luz negra na aula sensorial. Comprobaron como brillaba a súa roupa, deron cor á silueta das súas mans e quedaron abraiados como alumeaba na escuridade a témpera nova.
De seguro que repetiremos con esa LUZ MÁXICA :-)