29/10/26
A bruxa que comía as palabras bonitas
28/10/26
Recanto das familias
Renovado o "Recanto das familias" con novas lecturas a disposición de toda a comunidade educativa.
Agardamos que vos guste a escolma!!
27/10/26
Queda sitio na vasoira? Aula de 4 anos
Chegou o Samaín á aula de 4 anos!!!
Seguimos pescudando nos contos agora con "Queda sitio na vasoira?"
Está a ser unha semana do máis creativa: buxa, lapis, 3D, ...
Ollade con atención!!!



24/10/26
Día das Bibliotecas: Podcast PDI "Pescuda Covasmola"
Feliz Día das Bibliotecas!!!
Hoxe os colaboradores e colaboradoras da Bibliocovas de 6º de educación primaria elaboraron un programa para explicar o Proxecto Documental Integrado que se coordinará desde a Bibliocovas para o presente curso 26-27.
Premede na imaxe para escoitalo!!!!



14/10/26
Pescudamos na nosa historia
No contexto lingüístico do 3° ciclo de educación primaria estamos a pescudar na nosa historia. Para traballar os textos de non ficción escollimos un feito histórico que sucedeu en Covas, O naufraxio da fragata Magdalena e o Bergantín Palomo. Mergullamos nos fondos bibliográficos primeiro, e despois nos dixitais. Por último, contrastámolos para dar forma ao texto final.
13/10/26
Obradoiro de radio con Susana Bastón
Rematamos a semana cun obradoiro de radio para o alumnado de 5° de Educación Primaria con Susana Bastón.
























