23/10/24

24 de outubro, Día das Bibliotecas. PDI "Florece Covasmola"

Hoxe é o Día das Bibliotecas e queremos festexalo presentado o Proxecto Documental Integrado deste curso 24-25 "Florece Covasmola".

Despois de 3 cursos afondando na identidade do centro a través dos tres PDI "Covasmola" entendemos que todos os proxectos vindeiros teñen que contribuír ao confirmamento de dita identidade para  proporcionar unha perspectiva nova.

Chega así "Florece Covasmola", PDI 24-25, cun forte enfoque artístico literario. Cada festividade e conmemoración seleccionada polo equipo de biblioteca e recollida no seu Plan Anual de Lectura, virá presentada pola nosa mascota Lolo portando unha Flor. Dita flor pode ser portadora de moitos tipos de mensaxes, representación de valores, como metáforas, como un poema, como unha canción, como linguaxe científica, ...., polo que teremos moitas flores transmisoras de coñecementos e emocións.

Dentro das celebracións faremos tres nas que participará todo o centro e a comunidade educativa de maneira conxunta, serán no Nadal no Entroido e na Primavera, unha por trimestre.

Agardamos ter un curso cheíño de FLORES!!!!!!!







No hay comentarios: