10/4/25

Lectura e familias: IV Ruta Divercovasmola

Que día máis marabilloso nos tocou para gozar dunha xornada en familia, en convivencia da comunidade educativa Covasmola dentro do programa "Lectura e familias"

Levamos catro anos celebrando esta xornada e, por primeira vez, contamos cun sol espléndido que fixo máis marabillosa, se cabe a experiencia.

Fixemos dúas rutas, unha para Educación Infantil de media horiña e outra para Educación Primaria de 2 horas, confluíndo todos no parque Pernas Peón para merendar en familia.

Somos privilexiados e privilexiadas de poder vivir e sentir a espectacular contorna que temos!!!!
















































No hay comentarios: