15/3/23

Lectura e Familias. Estimulación da Linguaxe

Seguindo có traballo do Programa Lectura e Familias, deseñamos para as familias de Educación Infantil un Obradoiro de Estimulación da Linguaxe. A nosa bibliocovas precisa das súas palabras para facela viva.

A nosa especialista en Audición e Linguaxe, Ruth Fernández Gradaílle, foi a encargada de impartilo primeiro cunha formación dirixida aos pais e nais e despois con todas as familias ao completo.

 Ata asistiu a nosa mascota Lolo!!!! 😲😲😲😲😲

Foi todo un éxito!!!!!!!😍😍😍😍😍






























  


       

14/3/23

Semana da Prensa

Para celebrar a Semana da prensa traballamos nas partes dun xornal e dunha noticia.






Despois fixemos curuxas co papel dos xornais atrasados, xa sabedes da importancia da reciclaxe no noso PDI Covasmola 2.0. Quedaron espectaculares!!!!







Sabedes por que as curuxas se identifican coas bibliotecas?

Pois a razón está na deusa Atenea, deusa da sabedoría, que é representada cunha curuxa no seu brazo como símbolo do coñecemento.

A nosa mascota Lolo, que tamén é un paxaro cheo de sabedoría, está encantado coas súas novas compañeiras!!!




8/3/23

Día da muller coa Doutora Mercedes Rodicio

Hoxe celebramos o Día da Muller cunha formación para o alumnado de 5º e 6º sobre hábitos saudables e alimentación coa Pediatra Mercedes Rodicio, muller esencial na saúde dos nenos e nenas que exerce a súa profesión no Hospital Público da Mariña.

Seguimos afianzando o noso PDI Covasmola 2.0 e apostando pola formación en saúde. A vindeira sesión será para os pais e nais.

Moitas grazas Mercedes, aprendimos un montón!!!! 😍😍😍😍😍😍😍









       

Os petos de Loreto polo Día da Muller!!!!

Para conmemorar o día da muller, o alumnado de 1° e 2° no contexto lingüístico elaborou un mural no que a protagonista era Loreto "Os petos de Loreto". En cada un dos seus petos, o alumnado escribíu o nome dunha muller importante na súa vida, xa que, non nos podemos esquecer de que nos petos sempre gardamos aquelas cousas máis preciadas para nós.