Mostrando entradas con la etiqueta recitado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recitado. Mostrar todas las entradas
7/3/19
ASÍ CONMEMORAMOS O DÍA DE ROSALÍA NO COLE
Rosalía 2019
Celebramos o Día de Rosalía copiando as súas poesías e ilustrándoas con fotos, debuxos, maquetas... relacionadas co PDI no que estamos a traballar dende a biblioteca "Descubrindo Viveiro".
As fotos e os debuxos de distintos lugares de Viveiro: praias, natureza, monumentos... e unha bonita maqueta do monumento Os Castelos adicado ao naufraxio da Fragata Magdalena e o Bergantín Palomo que está na praia de Covas.
Seguídamente todos os nenos e nenas recitaron os poemas de Rosalía nun acto que tivo lugar na biblioteca do centro.
Entrevista feita polo alumnado de 5º de primaria dentro do proxecto Radio na Biblio a unha "Rosalía" moi especial interpretada por Nelson.
Agradecemos a colaboración de Madison, a nosa auxiliar de conversa, recitando marabillosamente estes versos de Rosalía.
25/4/16
RECITADO DO POEMA "A FALA" POLOS NENOS E NENAS DO COLEXIO
Este é unha parte do poema "A fala" de Manuel María no que se está inspirado o proxecto "Palabras nosas".
No recitado deste poema colaboraron nenos e nenas dende 3 anos ata 6º curso de primaria (Julia, Lola, Arale, David, Victor, Tania, Marcos, Sophia, Hugo, Ana, Eduardo, Iris, Elena) e Maggie, a auxiliar de conversa do cole.
Podedes ver a exposición "Palabras nosas" no colexio ata o 9 de maio, data na que levaremos os traballos ata o Teatro Pastor Díaz de Viveiro para a gran exposición conxunta dos centros integrantes da Microrrede da Mariña.
Grazas a tod@s por esta colaboración.

13/12/12
RECITANDO A CELSO EMILIO FERREIRO
O día 12 de decembro as 12:12 horas todos os nenos e nenas do centro recitaron o poema de Celso Emilio Ferreiro "Deitado frente ao mar".
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)