"Pasando a bola, xogando para cambiar" é unha actividade teatralizada realizada polo grupo a Xanela do Maxín en colaboración coa Consellería de educación. Os nenos e nenas de 3º a 6º de educación primaria representaron diferentes situación de acoso escolar participando nas solucións e prevención das mesmas.
A continuación traballaron sobre os dereitos da infancia 😍😍😍😍😍😍
O alumnado de 2º e 3º de primaria foron ao teatro Pastor Díaz para ver a obra de Redrum Teatro "Contos do recreo", un espectáculo visual e musical que ten como base o acoso escolar.
A posta en escena foi moi bonita mezclando personaxes reais con monicreques.
Dentro do PLAN DIRECTOR para a Convivencia e mellora da Seguridade nos centros educativos e os seus entornos, a Policia Nacional de Viveiro dará tres charlas aos nosos alumnos/as de 5º e 6º sobre problemas de seguridade que lles afecta como colectivo.
O alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu á primeira charla sobre o Acoso escolar.
Pablo, o policía explicoulles as causas, características e consecuencias do acoso nos centros educativos, así como as pautas para previr e evitar que ocorra.
Ademais viron un video sobre o acoso "El sandwich de Mariana".
Estivo moi interesante e os nenos/as fixeron moitas preguntas relacionadas co tema. "Se te acosan, agreden ou observas unha agresión, sé valente e cóntallo aos teus pais, aos teus mestres ou contacta coas forzas de seguridade".
"Se eres ti quen agrede, ponte no lugar de que recibe o dano e imaxina como se sinte".
"Consecuencias do acoso escolar nos que o padecen así como a responsabilidade de todos de denuncialo e combatelo"
O venres tivemos a visita da Policía para dar unha charla aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria sobre o acoso escolar.
Estivo moi interesante e os nenos/as fixeron moitas preguntas relacionadas co tema.