Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca creativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca creativa. Mostrar todas las entradas

23/6/22

I ROMARÍA COVASMOLA

Pois non podíamos rematar o curso nin rematar este proxecto sen unha festa, e con que festa? Coa festa que nos define por excelencia A ROMARÍA.

Benvidos á I ROMARÍA COVASMOLA!!!!

Cada aula montou un xogo, elaborouno e incluso bautizoumo. Fixemos tantas estacións como aulas e fumos rotando por todas!!!!

Ao rematar os xogos pasamos polo bar a polo cachiño de empanada con zume natural.

Para rematar, o broche de ouro, Concerto Brincavai con Paco Nogueira!!!!

Que vivan as Romarías e que vivan as nosas festas!!!!!

 

















       

                                                

Rematamos Lectura de Familias con "Lecturas de verán"

Rematamos o programa Lectura e Familias deste curso con "Lecturas de Verán". Modificadas as medidas covis as familias xa poden acceder aos centros. Tiñan moitas gañas de vir a compartir lecturas cós peques e fixéronolo saber. 

Como este programa para familias lles deu a posibilidade de participar en diferentes obradoiros realizados na biblio quixeron facelo agora nas aulas. Canto tempo sen visitalas!!!!

Fixemos unha selección de lecturas estupenda para a ocasión así que lembrade, agora que ven o verán e temos máis tempo libre, mergulládevos no marabilloso mundo dos libros!!!!

Boas vacacións 😎😎😎😎😎

 





 















  

 

 

3/6/22

Vídeos dos avós e avoas do cadro "Tecendo camiños" da Microrrede da Mariña

Para todos aqueles que non puidécheder visitar a exposición da Microrrede da Mariña e ver os vídeos dos avós e avoas realizados polas familias a través de códigos QR, deixámosvos os enlaces de todos os vídeos premendo no nome dos nenos e nenas.

Vaivos encantar!!!!! 😍😍😍😍😍


1/6/22

DÍA DA ARTE GALEGA!!!

Hoxe celebramos o día da arte galega pintando os muros do cole. Seguindo a filosofía do noso "PDI Covasmola" pintamos lemas pictos e sobre a mobilidade, a sustentabilidade e a alimentación saudable.

Quedóunos bárbaro!!!! Mágoa que nos choveu un cachiño 😍😍😍😍😍