Mostrando entradas con la etiqueta violencia de xénero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta violencia de xénero. Mostrar todas las entradas

2/12/18

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para concienciar sobre a igualdade de xénero, os nenos e nenas de 6º de primaria representaron o conto "O libro dos porcos" de  Anthony Browne.
Ademais os nenos/as de 5º e 6º cantaron a canción "Depende de los 2".
Na biblioteca temos expostos libros escritos por mulleres e sobre mulleres.




     
Depende de los 2 from bibliocovas on Vimeo.

20/1/17

CHARLA DA POLICIA SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

Tivemos a visita de Pablo, un policía nacional que falou aos nenos e nenas de 6º curso de primaria sobre a violencia de xénero.A charla foi moi interesante e tratou o que significa violencia de xénero, causas e como actuar ante casos de violencia.
Os alumnos/as  visualizaron videos e fixeron moitas preguntas expresando a súa preocupación sobre este tema.
Esta é a segunda actividade dentro do PLAN DIRECTOR para a Convivencia e mellora da Seguridade nos centros educativos e os seus entornos.



27/11/13

25 DE NOVEMBRO- DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CARA ÁS MULLERES

Neste día participamos co Concello de Viveiro enchendo unha árbore de follas nas que levaban mensaxes contra a violencia de xénero, tamén ían cheas de palabras de ánimo, positivas e esperanzadoras.