Mostrando entradas con la etiqueta Covasmola 3.O. educación emocional. biblio inclusiva. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Covasmola 3.O. educación emocional. biblio inclusiva. Mostrar todas las entradas

16/5/24

Día Internacional contra a LGTBIfobia. Biblio inclusiva🥰

Con motivo do Día Internacional contra a LGTBIfobia inauguramos un banco no patio deseñado polo alumnado de 5º EP para reivindicar a igualdade de dereitos para personas homosexuais, transexuais e bisexuais.

Tamén queremos recordar o Servizo telefónico 028 Arcoíris totalmente gratuito que ofrece información e axuda especializada durante as 24h do día.








21/11/23

Día do Pixama, 20N Día Internacional dos Dereitos do neno e a nena

Onte, 20 de novembro,  é o “Día Internacional dos Dereitos do Neno e a Nena”. Baixo o lema “todo/a neno/a ten dereito a medrar en familia” tod@s viñemos ao cole en pixama. 

O alumnado de sexto, durante a Hora de Ler, leulle ao resto do alumnado un conto relacionado có lema. 

Creamos distintos recantos de lectura no cole porque calquera lugar e calquera ocasión é boa para ler!!!!

Aprendimos un montón sobre o acollemento familiar e sobre a diversidade das familias. Nós, o noso cole, tamén somos unha gran FAMILIA!!! 😍😍😍😍😍