Mostrando entradas con la etiqueta Xornalistas florece Covasmola. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xornalistas florece Covasmola. Mostrar todas las entradas

9/5/25

TELE COVASMOLA 2025 - Programa 1 "Día das Artes Galegas"

Arrinca o programa número 1 de Tele Covasmola na edición de 2025. Son un total de 6 programas, 5 deles elaborado nos contexto linguístico de toda primaria e o 6º na educación infantil para celebrar o mes das Letras galegas.

Tele Covasmola nace no seo da Biblioteca creativa en colaboración con Polos Creativos co obxectivo de facer chegar a toda a comunidade educativa parte dos traballos realizados polo centro durante o curso, en especial pola Bibliocovas dentro do Proxecto Documwntal Integrado do presente curso "Florece Covasmolas".

O primeiro programa, dentro dun escenario puramente creativo, non podía ser outro que un programa dedicado ao "Días das Artes Galega."

Moitísimos parabéns aos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe de Covas polo marabilloso traballo realizado 👏👏👏👏👏👏👏👏

Pois aquí vai "Día das Artes Galegas" 💗💗💗💗💗💗💗





                             




20/12/24

Recomendacións lectoras: contos de "Á luz da candea"

Dexámosvos aquí as recomendacións lectoras para o Nadal da Bibliocovas. Neste caso non podían ser outras que os contos dramatizados polo alumnado do CEIP Plurilingüe de Covas o pasado luns na celebracións da actividade "Á luz da candea" dentro do programa "Lectura e Familias".

Premede na imaxe e poderedes acceder a toda a información realizada polos "Xornalistas Florece Covasmola" o pasado luns.

As presoas que asistiron a actividade puideron observar como un equipo de xornalistas de 6º de Educación Primaria, debidamente acreditados, documentaron todo o proceso por escrito e en vídeo.

ESTE É O RESULTADO DO SEU TRABALLO

PREME NA IMAXE