Mostrando entradas con la etiqueta entroido 2015. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta entroido 2015. Mostrar todas las entradas

20/1/16

SE TE QUERES DIVERTIR. UNHA ACHEGA AO ENTROIDO DE VIVEIRO (unidade didáctica)

Dª Socorro Giz García, (presidenta da Banda de Musica Municipal de Viveiro),a título persoal e en colaboración coa organización do Antroido de Viveiro 2016, fixeron unha unidade didáctica do Antroido, para que poidades colaborar neste proxecto.

Có fin de garantir a pervivencia do Antroido en Viveiro a Comisión do Antroido 2016 deseñou a unidade didáctica "Si te queres divertir. Unha achega ao Antroido de Viveiro" para que o profesorado a poda traballar na aula.
Agradecemos sinceramente a colaboración do seu claustro na difusión das nosas tradicións e valoramos o esforzo posto nesta dirección, e animar a participar o alumnado neste proxecto.





1. UD Si Te Queres Divertir by misisroller


17/2/15

ENTROIDO MATEMÁTICO


Celebramos o Entroido "matemático" seguindo as consignas do Meco e todos no centro levamos postos dende táboas de multiplicar ata reloxos. Tamén degustamos as deliciosas lambetadas que trouxeron os nenos e nenas e por suposto... bailamos.

7/2/15

O MECO ESTÁ NO COLEXIO!

Xa estamos no Entroido e o Meco disfrazouse de Matemático.
Temos que  ler o que nos manda traer cada día da semana.
 Estade  atentos porque é un profesor un pouco despistado e algunha vez comete erros nas operacións matemáticas (pide axuda a mamá ou a papá cando te vaian levar ou recoller ao cole).


6/2/15

XA ESTAMOS NO ENTROIDO!

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) ten  á disposición dos centros educativos e dos equipos de dinamización da lingua galega novos materiais e recursos relacionados coa celebración do Entroido.
PREME NA IMAXE.