Mostrando entradas con la etiqueta Geriatros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Geriatros. Mostrar todas las entradas

18/12/16

MERCADILLO SOLIDARIO EN GERIATROS

Como nos outros dous anos anteriores, este ano tamén colaboramos no Mercadillo Solidario que tivo lugar en Geriatros.
Os nenos e nenas do colexio elaboraron diferentes traballos manuais (bolsas para agasallos, marcapáxinas, colgantes e adornos, tarxetas de felicitación, bonecos de neve...)  coa finalidade de vendelos no mercadillo e recaudar fondos para o Banco de Alimentos.
Ademais visitamos o Mercadillo co alumnado de 6º de primaria. Os nenos e nenas compraron agasallos e así colaboraron nesta boa causa.
No colexio temos a exposición de tarxetas de Nadal e dende a biblioteca queremos que te unas á maxia de ler.

22/5/16

LETRAS GALEGAS 2016

Celebramos as Letras Galegas con recitados de poemas de Manuel María por parte dos nenos e nenas do colexio e tamén actuou Maggie, a auxiliar de conversa, recitando o poema "Galiza" que foi moi entrañable.
Tivemos a visita sorpresa dalgúns dos maiores residentes de Geriatros que nos cantaron poemas de Manuel María. Despois da actuación os nenos e nenas acercáronse para falar con eles e ademais agasallaron ao centro cunha botelliña de palabras en galego.
Grazas a tod@s por esta estupenda xornada!

18/12/15

MERCADILLO SOLIDARIO EN GERIATROS PARA O BANCO DE ALIMENTOS


mercadillo solidario en Geriatros2015 - Kizoa Movie Maker
Participamos no Mercadillo Solidario celebrado en Geriatros para recaudar fondos para o Banco de Alimentos.
Os nenos e nenas de 6º, 4º e 3º de Primaria doaron os traballos feitos nas clases de Plástica. Había moitos bonecos de neve feitos con calcetíns e arroz, tarxetas de nadal , bolsas para os agasallos...
Ademais colaboraron outros centros educativos como o CEP Lois Tobío e o EEI San Roque ,asociacións como ASPANANE...
Os nenos e nenas de 6º foron de visita ao mercadillo e compraron unha morea de cousas e colaborar a facer máis doada a vida dos que non teñen dabondo para comer.
Grazas aos nenos e nenas que colaboraron con estes fantásticos traballos!

12/4/15

VOLUNTARIADO DE LECTURA

 Celebramos o Día do Libro Infantil visitando aos "avós e avoas" residentes do Centro de Maiores Geriatros. 
Os nenos e nenas de 6º "voluntarios de lectura" representaron o conto "O casamento da pulga e o piollo", recitaron poemas co Kamishibai e cantaron e bailaron a canción "Sumando" adicada ao monográfico "A biblioteca está chea de números".

18/12/14

MERCADILLO SOLIDARIO EN GERIATROS


 O día 17 de decembro tivo lugar  na residencia de maiores Geriatros un MERCADILLO SOLIDARIO para recaudar fondos para o BANCO DE ALIMENTOS.
 Colaboraron: a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer, Aspanana, Betania e os centros CEP Lois Tobío e o CEIP Plurilingüe de Covas. Todos os traballos eran preciosos e había moita creatividade a precios económicos.
Pero o importante foi colaborar nesta causa para que todo o mundo pase un Bo Nadal.

1/3/14

ENTROIDO

          Este ano celebramos un Entroido moi especial. Por unha banda e durante toda a semana o Meco, por medio de coplas, mandounos traer postas cousas relacionadas coa cociña: o luns un gorro de cociñeir@, o martes un mandil, o mércores un trapo de cociña, o xoves un pico no pescozo e o venres un bigote, coloretes ou a cara enfariñada.
          Tivemos a visita duns residentes do centro Geriatros que viñeron ao centro contarnos unha lenda dun lugar preto de aquí (A lenda de Estabañón)  e  cantarnos cancións sobre o Entroido de Viveiro.
          Despois fumos cos nosos invitados  comer as lambetadas típicas desta festa.
Non faltaron as rosquiñas, filloas, orellas... A ANPA colaborou axudando a servir aos nenos e nenas as lambetadas acompañadas de  zume e auga.
          Estaba todo boísimo!