1/7/19

PRESENTACIÓN DE RADIOCOVAS, A EMISORA DE RADIO DO COLE


O día 19 de xuño presentamos a nosa radio chamada RADIOCOVAS.
Os nenos e nenas de 5º fixeron o programa que se gravou en directo na biblioteca ante un público formado por todo o alumnado e profesorado do colexio.
O programa tiña como obxectivo a presentación oficial da emisora de radio.
Queriamos que fora un día moi especial e decidimos facer un programa en directo con entrevistas, presentacións, recitado de poemas, cancións... e algunha que outra sorpresa como o visionado dun video con tomas falsas das gravacións dos diferentes programas de radio.
Montamos a emisora no medio da biblioteca con dúas mesas, mesa de mezclas, ordenador, micrófonos, auriculares, megafonía e un micrófono de pé para os "invitados ao programa".
Hugo de 6º deseñou o logo de RADIOCOVAS, Jonatan falou dos últimos días no cole dos nenos e nenas de 6º, Uxía Pena explicou en que consisten os Patios Dinámicos, falaron do proxecto LÓVA, María de 5 anos recitou o poema "Parece unha rosa" de Rosalía de Castro e todos xuntos cantamos "Catro vellos mariñeiros" canción emblemática do noso pobo, Viveiro.


RadioCovas (parte I) from bibliocovas on Vimeo.

RadioCovas (parte II) from Radio Covas on Vimeo.