Mostrando entradas con la etiqueta xornais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xornais. Mostrar todas las entradas

24/3/19

SEMANA DA PRENSA- VISITA DO DIRECTOR DO HERALDO DE VIVEIRO

Celebramos a semana da prensa con moitas actividades que fixemos nas aulas. Os nenos e nenas aprenderon as diferentes seccións dun xornal, elaboraron noticias, leron a prensa tanto impresa como dixital, en diferentes idiomas... Como broche final tivemos a visita do director do Heraldo de Vivero, Juan Carlos Neira.
El Heraldo de Vivero é un xornal semanal que se publica en Viveiro dende o ano 1912.
 O alumnado de 5º e 6º estivo moi atento as explicacións de Juan Carlos, que lles contou o proceso de elaboración das noticias a partir da vivencia personal dun alumno e entre todos foron creando a noticia ata que saiu no xornal.
Os nenos e nenas fixeron unha morea de preguntas e disfrutaron coas anécdotas que lles contou o director do xornal. Esta visita forma parte das actividades que se están a desenvolver dentro do PDI "Descubrindo Viveiro" e que estamos a traballar dende a biblioteca.


10/6/17

O NOSO COLE CUMPRE 25 ANOS!




25 anos colexio

Un  23 de setembro de 1991 abría as súas portas con certo retraso por unhas obras sen rematar, un novo colexio no barrio de Covas, en Viveiro. As antigas “Escolas vellas” de Covas quedaranse pequenas e antigas e non daban cabida á nova reforma educativa que se estreaba co novo colexio (LOGSE), e que mudaba un sistema educativo que permanecía inalterable dende a Ley de Educación de 1970.

Dende aquel día foron moitas as leis educativas que se foron sucedendo, e moitos os mestr@s e alumn@s  que pasaron por unhas aulas que se quedaban pequenas para tantas ganas de aprender. Tantos cambios que, o que nun principio se chamaba “Colexio Público de EXB de Covas” convirteuse no actual “CEIP Plurilingüe de Covas”, cun claustro de profesor@s que conserva mestras que o acompañaron na súa historia, e que xa o foron dunhos alumn@s que agora son os pais dos actuais nen@s que acoden cada mañá coas súas mochilas cargadas de ilusión.

Neste curso 2016-2017, que estamos a piques de rematar,  cumplimos 25 anos ensinando e aprendendo cos nen@s de Covas, e queremos facer partícipes e celebralo con todos aqueles que dun ou doutro xeito formaron parte da súa comunidade educativa: alumn@s, pais, nais, ANPAS, profesorado, conserxes, auxiliares de conversa, coidadora, limpadoras, veciños, servicios do concello...todos XUNTOS demos forma aos 25 anos de historia do noso colexio.
O 25 aniversario é un momento moi especial e non o queremos deixar pasar, e debémolo celebrar cunha exposición de fotos que aportaron  antigos alumnos/as e profesorado que está ou estivo no centro.
Unha morea de recordos vividos dende o 1991. Pasade polo centro para ver as fotos e  lembrar os vellos tempos!
Tamén hai unha exposición dos xornais  " O Charlatán de Covas" que editamos dende os comezos e que agora publicamos en formato dixital.
Queremos lembrar a todas as persoas que pasaron polo colexio: alumnos/as, profesorado, conserxes, ANPAS, personal non docente... xa que entre todos construímos o que é o noso colexio na actualidade.
Graciñas!



21/3/14

SEMANA DA PRENSA

Durante a semana pasada conmemoramos a Semana da Prensa.
Os nenos e nenas de Infantil limos os xornais e elaboramos unha noticia.
Tamén en 3º elaboramos noticias despois de ler os xornais.
Na clase de plástica reciclamos xornais vellos e fixemos cadros, perrucas, gorros...
Tivemos expostos na biblioteca os xornais do centro "O Charlatán de Covas" , exemplares do xornal "Heraldo de Vivero" , xornais deportivos, suplementos...

8/6/12

O Día da Arte Galega nos xornais

Celebramos o Día da Arte Galega na Escola , a visita que tivemos de Xoán Guerreiro e saímos nos xornais da zona da Mariña.