Mostrando entradas con la etiqueta Tubos literarios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tubos literarios. Mostrar todas las entradas

4/6/25

Dúas polas para a árbore do 3° trimestre de 4 anos

Enlazamos dúas polas da nosa árbore dos Tubos Literarios. Dous contos que nos transmiten a importancia e o valor de falar a través das accións e dos feitos. Esta vez a dinámica foi a seguinte: nunha bandexa estaban papeliños cos nomes dos nenos e nenas da clase (un papeliño por nome), cada nen@ colleu un e, a través dun debuxo, tíñanlle que dicir algo ao nen@ que lle tocara. 

Con estas dinámicas de exposición imos aprendendo a falar e expoñer aos demais, perder a vergoña e favorecer a linguaxe expresiva. 

Fixeronno xenial!!!! Bravo polo alumnado de 5°E.I.





23/5/25

As tres curuxiñas, 5º de educación infantil

Hoxe, os nenos e nenas da aula de catro anos, fumos ás Bibliocovas a traballar "As tres curuxiñas".

Traballamos o título deste conto tan entrañable coas letras magnéticas. 

Por equipos tiveron que formar coas letras o título.

Así de ben o fixeron!!!









16/5/25

Tubos literarios do 3º trimestre

Hoxe, na aula de 4 anos, empezamos a nosa sección de Tubos Literarios co libro Árbores no camiño

Fixemos un traballo colaborativo para crear a nosa propia árbore da aula.






10/3/25

Tubos literarios: As chaves dos soños

Na aula de 4 anos O mundo máxico dos soños permitenos deixar voar a imaxinación de cada un. Unha chave que nos traslada ao mundo das ilusións.





23/2/25

Tubos literrarios: "Parece unha rosa"

Seguimos coas nosas lecturas agora no segundo trimestre na aula de 4 anos.

Nesta ocasión traballamos un libro para a conmemoración do día de Rosalia de Castro "Parece unha rosa". Seguimos afianzando o traballo da psicomotricidade fina,  con boliñas de papel para decorar o  tubo.

Sobran as palabras!!! 💗💗💗





30/1/25

Tubos literarios: "A canción do cambio"

Polo Día da paz na aula de 4 anos traballamos o poder da música, a esperanza, a solidaridade e a amizade. Todas elas poden mudar o noso mundo para que sexa mellor.