Mostrando entradas con la etiqueta ENCONTROS PLAMBE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ENCONTROS PLAMBE. Mostrar todas las entradas

29/3/14

ENCONTROS DOS CENTROS DO PLAMBE

O 27 e 28 de marzo de 2014, o profesorado que coordina os equipos de biblioteca dos centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares reuníronse en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos), nos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2013/2014.  
Os Encontros reúnen a expertos en biblioteca como Inés Miret ou Luis Miguel Cencerrado; investigadores en cultura e tecnoloxía, como Antonio Rodríguez de las Heras; científicos como Jorge Mira. Pero tamén son unha plataforma para a difusión de prácticas de excelencia que se están a dar en moitas bibliotecas escolares galegas, que se expuxeron en mesas de experiencias sobre "ciencias na biblioteca escolar", sobre a lectura ou sobre as aprendizaxe por proxectos.

MATERIAIS DOS ENCONTROS

13/4/09

Encontros dos centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2008/2009

Os vindeiros 16 e 17 de abril, en Santiago de Compostela (Escola Galega de Administración Püblica, EGAP), terán lugar os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2008/2009, nos que se reunirán integrantes dos equipos de biblioteca daqueles centros que están incluídos neste programa da Consellería de Educación no actual curso 2008/2009.

Esta actividade de formación está pensada como un espazo de encontro entre o profesorado responsable destas bibliotecas escolares, con tempos para a reflexión conxunta e o intercambio de experiencias e materiais sobre os aspectos básicos relacionados coa xestión, dinamización e visibilización destes imprescindibles recursos educativos. As achegas de expertos como Glòria Durban, Ana Bernal, Felipe Zayas, Concha Costas, César Iglesias, Encarnación López Chicano, Juana Vázquez ou Emilio Pascual, axudarán con toda seguridade aos profesionais das bibliotecas escolares a avanzar na súa formación, o que garante apoios decisivos para a mellora da calidade do ensino que se imparte nos centros. PROGRAMA