Este é un video da exposición e as actividades dinamizadoras da Microrrede da Mariña que tiveron lugar no teatro Pastor Díaz para conmemorar as Letras Galegas e homenaxear a Manuel María.
Agradecemos a todas as familias a súa colaboración tanto na realización dos traballos como na asistencia ás actividades de dinamización.
Música: "Todo me fala de ti" "Canta o cuco"(Uxía e Magín Blanco)
Microrrede da Mariña- Os soños de Manuel María from MisisRoller on Vimeo.
Mostrando entradas con la etiqueta Manuel María. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Manuel María. Mostrar todas las entradas
29/5/16
27/4/16
MINI E MERO CANTÁRONNOS A MANUEL MARÍA
Onte tivemos a visita de Mini e Mero, dúo de cantautores e mestres da Terra Chá.
Membros históricos do grupo Fuxan os Ventos e membros do grupo A Quenlla.
No colexio cantaron cancións do libro de Manuel María "Os soños na gaiola" que foron coreadas polos nenos e nenas. Tamén nos contaron historias e remataron coa emblemática canción "O carro".
Membros históricos do grupo Fuxan os Ventos e membros do grupo A Quenlla.
No colexio cantaron cancións do libro de Manuel María "Os soños na gaiola" que foron coreadas polos nenos e nenas. Tamén nos contaron historias e remataron coa emblemática canción "O carro".
5/4/16
OS SOÑOS DE MANUEL MARIA, novo proxecto da MICRORREDE DA MARIÑA
Os centros educativos integrantes da Microrrede da Mariña xa estamos a traballar no proxecto deste curso "Os soños de Manuel María" para homenaxear a este intelectual da nosa provincia e para fomentar o gusto pola lectura e o traballo coas familias.Este ano as familias dos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe de Covas escollerán unha palabra que lles guste ou teña un significado especial e realizarán unha obra plástica a modo de ilustración dela.
Temos o placer de contar este ano con tres novos centros na Microrrede: o CEIP de O Vicedo, o IES Perdouro de Burela e o IES Illa de Sarón de Xove polo que ... xa somos 12 centros educativos!
Podedes ver todos os proxectos da Microrrede no enlace: microrredeamarina.blogspot.com
As familias que o desexen poden pedir o material necesario no centro para realizar o traballo.
Tamén poden pedilo por correo electrónico a:
microrredemarina@gmail.com
Labels:
Manuel María,
microrrede da Mariña,
palabras
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
