Mostrando entradas con la etiqueta 8 de marzo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 8 de marzo. Mostrar todas las entradas

8/3/24

8M, entrevista a Nuria Lestegás na Radiocovas

O alumnado de 5° de Educación Primaria escolleu a Nuria Lestegás, muller mariñana pertencente ao elenco da galardoada " O corno", como figura referente neste día.

Preme para escoitar a entrevista...





8 de marzo, Día da Internacional da Muller e Día Internacional da Visibilidade Trans

No Día Internacional da Muller, no contexto lingüístico o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria elaborou a biografía de mulleres viaxeiras que, ao igual que Willy Fog, deron a volta ao mundo dalgún xeito.







Os máis peques tamén festexaron a data na zona maker traballando sobre mulleres importantes na historia en diferentes disciplinas (arte, ciencia, moda... )

                             










Nas aulas de 4 e 5 anos traballaron a figura da muller máis poderosa das súas vidas, as súas nais.







No grupo de 3 anos traballaron sobre a muller máis importante para eles.





Na aula de 3° de Educación Primaria fixeron marcapáxinas e entrevistaron a unha muller admirable das súas vidas.





En 5° de Educación Primaria elaboraron un cartel colaborativo para conmemorar esta data.


O 31 de marzo é o Día Internacional da Visibilidade Trans. Expuxemos no noso taboleiro "Sen prexuizo" a mulleres trans referente tratando de darlles espazo na loita feminista contra as violencias e as desigualdades machistas e para que supoñan un conxunto máis representativo da nosa sociedade, ao tempo que ofrecemos referentes ao alumnado.














8/3/23

Día da muller coa Doutora Mercedes Rodicio

Hoxe celebramos o Día da Muller cunha formación para o alumnado de 5º e 6º sobre hábitos saudables e alimentación coa Pediatra Mercedes Rodicio, muller esencial na saúde dos nenos e nenas que exerce a súa profesión no Hospital Público da Mariña.

Seguimos afianzando o noso PDI Covasmola 2.0 e apostando pola formación en saúde. A vindeira sesión será para os pais e nais.

Moitas grazas Mercedes, aprendimos un montón!!!! 😍😍😍😍😍😍😍