Como o día de Halloween non tivemos cole, hoxe fixemos unha pequena festa coa participación de todo o centro.
Cantamos a canción "Trick or treat" que nos ensinou Margaret, a nosa auxiliar de conversa e o curso de 6º de primaria xogou a "Vestir a momia" con rollos de papel hixiénico.
Os nenos e nenas de 6º disfrazados de demos, vampiros, zombies... axudaron aos máis pequenos a facer corros e a cantar a canción.
Os días anteriores decoramos o colexio coa bruxa feita cunha cabaza, con morcegos feitos con origami e algúns nenos e nenas fixeron máscaras de medo.
Na clase de inglés fixemos xogos de Halloween en grupos.
Mostrando entradas con la etiqueta halloween 2015. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta halloween 2015. Mostrar todas las entradas
4/11/15
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)