O venres celebramos a III Romaría Covasmola e estamos cós preparativos. Os encargados da comida saíron facer as compras para a merendola Covasmola que imos preparar na Romaría.
Grazas pola vosa axuda 😍😍😍😍
CEIP PLURILINGÜE de COVAS-VIVEIRO (LUGO)
O venres celebramos a III Romaría Covasmola e estamos cós preparativos. Os encargados da comida saíron facer as compras para a merendola Covasmola que imos preparar na Romaría.
Grazas pola vosa axuda 😍😍😍😍
Hoxe celebramos o Día da Muller cunha formación para o alumnado de 5º e 6º sobre hábitos saudables e alimentación coa Pediatra Mercedes Rodicio, muller esencial na saúde dos nenos e nenas que exerce a súa profesión no Hospital Público da Mariña.
Seguimos afianzando o noso PDI Covasmola 2.0 e apostando pola formación en saúde. A vindeira sesión será para os pais e nais.
Moitas grazas Mercedes, aprendimos un montón!!!! 😍😍😍😍😍😍😍
O alumnado de 1º e 2º de E.P. traballa as receitas saudables no contexto lingüístico. Primeiramente, botáronlle un vistazo ao libro “Cociñando con bolboretas no bandullo” para coñecer as partes que tiñan as receitas. Posteriormente, tiveron que ordenar algunha das receitas que aparecían no libro.
Finalmente, tendo en conta os seus gustos, explicaron algunhas das súas receitas favoritas facendo uso do Croma.
Atrevédesvos a cociñar estas receitas saudables?
A que apetece probalas?
Hoxe tivemos contacontos!!!! Alba Bermúdez mergullounos nun mundo imaxinario no que as crianzas, e os máis maiores, puidemos descrubrir que a lectura pode abrir o apetito.
Mmmmmm Que delicia volver a disfrutar dun contacontos en directo!!!😍😍😍😍😍😍😍
